17 de maio Dia das Letras Galegas

Hoxe os galegos celebramos unha data sinalada , unha data na que recordamos as verbas de aquelas que un día defenderon a nosa lingua , de aqueles que nos transmiten o amor pola súa terra e sobre todo daquelas que gostamos ser desta terra senlleira , verde , chea de ríos e mares , chea de xente de aquí e de acolá e sobre todoxente orgullosa do seu idioma que é a que define a idiosincrasia deste pobo.

Hoxe alá no 1863 a nosa escritora máis ilustre Rosalia de Castro vía como o seu libro Cantares Gallegos iba ser publicado na súa primeira edición na cidade de Vigo .  A Real Academia Galega fixóse eco  desta data sinalada e proclamou no ano 1963 o día das Letras Galegas onde se homenaxea a aqueles cuia creación literaria está vencellada o noso idioma  por suposto defenden ou defenderon a nosa lingua .

Este ano o homenaxeado é Roberto Vidal Bolaño .  Nado en Santiago de Compostela no ano 1950 e morre no ano 2002. Forma parte do grupo Abrente encargándose da  actualización de obras dramáticas galegas . A súa actividade xira en torno ó teatro  formando parte de Grupo Antroido e creando  a súa propia compañia teatral Teatro de Aqui . Logrou a profesionalización dos profesionais do teatro galego .  súa produción está caracterizada polo compromiso co país e a lingua, a experimentación estética, e o diálogo coa tradición, tanto culta como popular, literaria e histórica, social e política.

O feito de escribir para as súas obras con rapidez para estrea non impide que faga referencias nas suas obras a Otero Pedrayo ou Valle Inclán dotandoas de un gran enriquecemento e agasallando ó lector coa súa literatura .

Logra algúns premios co Grupo Abrente pero non é ata os anos noventa cando se recoñece o seu traballo con premios como o Alvaro Cunqueiro , Maria Casares etc. Sin dúbidalo Volaño foi e seguirá sendo unha referencia para o teatro nacional galego .

Entre as obras máis destacadas atopamos.

  • A burla do gato
  • A opera de O Patacón
  • Agasallos de sombras
  • Animaliños
  • Bailadela da morte dichosa etc.

É que mellor xeito de homenaxear a este grande que escoitando deixovós o enlace da obra “Oración O Apóstolo” unha das miñas obras favoritas deste autor ( http://www.youtube.com/watch?v=JL7hIasgWP0)

Desexovós un grande día a tódolos galegos e galegas sentindo orgullosos de pertencer a esta terra de mar infinito .

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s