Dia das Letras Galegas 2014

Hoxe os galegos celebramos unha data sinalada , unha data na que recordamos as verbas de aquelas que un día defenderon a nosa lingua , de aqueles que nos transmiten o amor pola súa terra e sobre todo daquelas que gostamos ser desta terra senlleira , verde , chea de ríos e mares , chea de xente de aquí e de acolá e sobre todo xente orgullosa do seu idioma que é a que define a idiosincrasia deste pobo.

Hoxe alá no 1863 a nosa escritora máis ilustre Rosalia de Castro vía como o seu libro Cantares Gallegos iba ser publicado na súa primeira edición na cidade de Vigo . A Real Academia Galega fixóse eco desta data sinalada e proclamou no ano 1963 o día das Letras Galegas onde se homenaxea a aqueles cuia creación literaria está vencellada o noso idioma por suposto defenden ou defenderon a nosa lingua .

 

Este ano adicase a Xosé María Díaz Castro naceu nos Vilares de Parga-Guitiriz no ano 1914. De orixe labrega, ingresou no Seminario de Mondoñedo aos dezasete anos, mais abandonou a formación eclesiástica en 1936 para se dedicar ao ensino privado en Vilagarcía de Arousa. Cursou a carreira de Filosofía e Letras na especialidade de linguas modernas e en 1948, unha vez licenciado, marchou a Madrid, onde residiu a maior parte da súa vida, para traballar como tradutor en diferentes institucións oficiais e editoras (coñecía case todas as linguas europeas).
En 1961, quince anos despois de lle ser premiada a composición Nascida dun sono nun certame en Betanzos, viu a luz o seu único libro, Nimbos, que o convertiu nunha das voces poéticas máis destacadas das letras galegas do século XX; porén, os seus primeiros poemas xa apareceran na Escolma de poesía galega, IV. Os Contemporáneos,
editada por Galaxia en 1955. A singularidade do seu posicionamento estético e ideolóxico e a forza expresiva dos seus versos concédenlle un lugar destacado no panorama da poesía de posguerra.

O universo lírico de Díaz Castro xira á volta do ser humano, o amor, a vida, a morte e o tempo. Tamén encontran espazo na súa escrita a relixiosidade (enfocada desde o ascetismo e desde a necesidade de aprofundar na esencia das cousas) e a preocupación por Galiza; por veces, recorre á paisaxe dunha maneira simbólica para introducir a súa visión sobre a realidade do país.
Díaz Castro revelouse como un grande mestre da técnica versificadora e dos recursos estilísticos. Un dos principais trazos característicos da súa obra, fortemente influída pola lectura dos clásicos antigos e modernos, é a cuidada selección do léxico (a pesar de tender para o emprego de ruralismos e dialectalismos) e o evidente interese pola lingua, que se manifesta nunha poesía elegante e sinxela.
Tras unha vida entregada á investigación, ao ensino e á tradución, o poeta lugués faleceu en Lugo en 1989.

Entre a súa obra cabe destacar :

Poesía
Nimbos. Vigo: Galaxia, 1961.
Poesía galega completa. Vigo: Galaxia, 2014.
Follas verdes: Cantares e romances. Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 2014.

Sobre o autor e a súa obra
REQUEIXO, Armando
Xosé María Díaz Castro. Vida e obra. Vigo: Galaxia, 2013.
REQUEIXO, Armando (ed.)
Cartafol de traducións e outros poemas / Díaz Castro X. M. Santiago de Compostela: Consello da Cultura, 2014.
PÉREZ LÓPEZ, Segundo
A ferida da beleza. Santiago de Compostela: José Fernández Lago, 2014.

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s