Dia das Letras Galegas 2015

Hoxe os galegos celebramos unha data sinalada , unha data na que recordamos as verbas de aquelas que un día defenderon a nosa lingua , de aqueles que nos transmiten o amor pola súa terra e sobre todo daquelas que gostamos ser desta terra senlleira , verde , chea de ríos e mares , chea de xente de aquí e de acolá e sobre todo xente orgullosa do seu idioma que é a que define a idiosincrasia deste pobo.

Hoxe alá no 1863 a nosa escritora máis ilustre Rosalia de Castro vía como o seu libro Cantares Gallegos iba ser publicado na súa primeira edición na cidade de Vigo . A Real Academia Galega fixóse eco desta data sinalada e proclamou no ano 1963 o día das Letras Galegas onde se homenaxea a aqueles cuia creación literaria está vencellada o noso idioma por suposto defenden ou defenderon a nosa lingua .

 Este ano adícase a Xosé Filgueira Valverde historiador, escritor, político, etnógrafo que naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906. Faleceu o 13 de setembro de 1996 ós 89 anos de idade.

Do seu currículo podemos facer este breve resumo 

Estudia o Bacharelato en Pontevedra e obtén en Santiago a licenciatura en Dereito. Tamén obtén en 1936 o doutorado en Filosofía e Letras, Sección de Historia. Traballa como profesor do Instituto de Ensino Medio en Pontevedra. En 1923 dirixe a sección de Historia da Literatura no Seminario de Estudios Galegos. Colabora en diversos medios de comunicación e en 1932 é nomeado membro da Real Academia da Historia. Desde 1942 é membro da Real Academia Galega e en 1953 é nomeado membro da Real Academia da Lingua e tamén do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento así como de moitas máis fundacións, academias… Desde 1959 a 1968 é alcalde de Pontevedra e recibe varios premios e condecoracións.

Obras realizadas

Son moitos os campos do saber que abarcou Filgueira Valverde. Escribiu máis de 300 libros e milleiros de artigos, pronunciou discursos e conferencias… Por citar algunhas, pódense destacar produccións como Guía de Compostela, Castelao escenógrafo, Da épica na Galicia medieval, Don Quijote y el amor trovadoresco, La toponimia gallega, Rosalía no seu fogar…

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s