13239433_706697259470717_2331538959215535533_n

Día das Letras Galegas 2016

Hoxe os galegos celebramos unha data sinalada , unha data na que recordamos as verbas de aquelas que un día defenderon a nosa lingua , de aqueles que nos transmiten o amor pola súa terra e sobre todo daquelas que gostamos ser desta terra senlleira , verde , chea de ríos e mares , chea de xente de aquí e de acolá e sobre todo xente orgullosa do seu idioma que é a que define a idiosincrasia deste pobo.

Hoxe alá no 1863 a nosa escritora máis ilustre Rosalia de Castro vía como o seu libro Cantares Gallegos iba ser publicado na súa primeira edición na cidade de Vigo . A Real Academia Galega fixóse eco desta data sinalada e proclamou no ano 1963 o día das Letras Galegas onde se homenaxea a aqueles cuia creación literaria está vencellada o noso idioma por suposto defenden ou defenderon a nosa lingua .

2013022211451156582

Este ano adícase a Manuel María é nado en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e morre  Coruña o 8 de setembro de 2004,  un foi poeta, narrador e dramaturgo recoñecido de extensa obra e moi ligado co nacionalismo galego.

Era fillo de labregos a pesar diso os seus pais inculcaronlle o amor pola lectura dende neno no seu propio fogar. A súa educación foi moi tradicional e relixiosa, cursou os seus estudos en Rábade para posteriormente seguir os estudos secundarios entre os Colexios dos Maristas e o instituto masculino da cidade das murallas. É aquí onde empeza a tomar contacto co ilustra poeta Uxío Novoneyra e con Luis Pimentel , con Ánxel Fole e Alvaro Cunqueiro ademais cos profesores Carballo  Calero porque exercían a súa labor docente en Lugo.

manuel maria CGEDL

É no ano 1949 cando se publica o seu primeiro poemario na Revista Xistral fundada co seu amigo Sopena. Posteriormente chegaría Muiñeiro de Brétemas . Sempre quixo estudar Filosofía pero guiado polo seu tío matrículouse en Dereito por suposto na Usc pero non aprobou o ingreso de ahí que xurdise o seu poemario Morrendo a cada intre , aquí e cando comeza o seu compromiso político e social.

No día de Galicia no ano 1951 participa no primer acto galeguista que se celebra durante o franquismo. Neste intre realiza o servizo militar sendo trasladado de Guitiriz en Lugo para ser trasladado a Santiago de Compostela dónde da clases os reclutas anafalbetos. Na tertulia do Café Español retomou o contacto con Ramón Piñeiro e Otero Pedrayo, e fixo grande amizade co pintor Carlos Maside.

13239433_706697259470717_2331538959215535533_nAnimado por Celso Emilio Ferreiro prepara as oposicións a procurador dos Tribunais. Gaña os Xogos Florais e participa no III Certament de Poesía . Ao ano seguinte acadou o Premio Pondal convocado polo Centro Galego de Buenos Aires pola obra Libro de pregos. Logo de aprobar as oposicións, en 1958 instalouse en Monforte de Lemos como procurador dos tribunais. Comezou a colaborar en Radio Monforte, dirixida por César Quiroga, e a dar clases na academia Balmes primeiro e na Monforte despois. Alí foi mestre de Camilo González Torres e Lois Diéguez. O 9 de maio de 1959 casou con Saleta Goy García na igrexa da Milagrosa, en Lugo.

Nos anos 60 e 70 participa na Clandestinidade na formación do Partido Socialista Galego e da Unión do Povo Galego impartindo conferencias . Achegase a música presentando o cantante Raimón creou o proxecto EDIGSA-Xistral, que deu pé á Nova Canción Galega, presentada no Teatro Capitol o 1 de decembro de 1968.

No ano 1977 presentase as eleccións pola provincia de Lugo polo BN-PG. No 1979 presentase a alcaldía de Lugo sendo nomeado posteriormente Concelleiro de Augas. É no ano 82 cando tras non ser elixido senador abandoa a carreira política para adicarse por completo a súa obra literaria. Xubilase como procurador e vive no Barrio de Monte Alto na Coruña .

Foi membro activo da Asociación de Escritores en Galego e da Asociación Pedagóxica galega e no ano 2003 ingresa na Real Academia Galega. Morreu en 2004 na cidade herculina e despois do velatorio no Panteón de Galegos Ilustres volve a Outeiro de  Rey.

images-categorias-cat_manuel_maria

Destacamos algunhas obras do autor como as seguintes:

  • Muiñeiro de brétemas (1950, Colección Benito Soto).]
  • Morrendo a cada intre (1952, La Voz de la Verdad, Lugo).
  • Advento (1954, Ediciones Galicia, Centro Galego de Buenos Aires).
  • Terra Chá (1954).[11]
  • Libro de cantigas (1955, Lugo).
  • Documentos personaes (1958, Celta).
  • Libro de pregos (1962, Celta).
  • Mar Maior (1963, Galaxia).[12]
  • Versos frolecidos en louvanza de Foz (1967).
  • Proba documental (1968, Xistral).
  • Manuel María. Poemas ditos coa súa voz (1969, Edigsa/Xistral, Barcelona). Disco de vinilo de 45 r.p.m.
  • Versos pra un país de minifundios (1969, Nós, Buenos Aires).
  • Versos pra cantar en feiras e romaxes (1969, Patronato da Cultura Galega de Montevideo.
  • Remol (1970 Nós, Buenos Aires).
  • Canciós do lusco ao fusco (1970)

Quen teña interés pode visualizala completa na Wikipedia , deixovos o enlace aquí Obra completa de Manuel María wikipedia

E despídome co discurso que Manuel María fixo antes do seu ingreso na RAG creo que fala moi ben do que sentimos os galegos hacia a nosa cultura, a nosa lingua e o noso pobo que ten unha idiosincrasia propia. A miña homenaxe para un dos grandes das letras da nosa comunidade.

Bo día das Letras Galegas a tódolos galegos e galegas 

manuel-mara-a-natureza-a-paisaxe-3-638

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s