17 de maio Día das Letras Galegas adicado a Carlos Casares.

Hoxe os galegos celebramos unha data sinalada , unha data na que recordamos as verbas de aquelas que un día defenderon a nosa lingua , de aqueles que nos transmiten o amor pola súa terra e sobre todo daquelas que gostamos ser desta terra senlleira , verde , chea de ríos e mares , chea de xente de aquí e de acolá e sobre todo xente orgullosa do seu idioma que é a que define a idiosincrasia deste pobo.

Hoxe alá no 1863 a nosa escritora máis ilustre Rosalia de Castro vía como o seu libro Cantares Gallegos iba ser publicado na súa primeira edición na cidade de Vigo . A Real Academia Galega fixóse eco desta data sinalada e proclamou no ano 1963 o día das Letras Galegas onde se homenaxea a aqueles cuia creación literaria está vencellada o noso idioma por suposto defenden ou defenderon a nosa lingua .

2013022211451156582

Este ano adícase o escritor Carlos Casares nado o 24 de agosto de 1941 en Xinzo de Limia. Enrique Monteagudo para a biografía redactada pola RAG conta que Carlos Casares inicia estudios eclesiásticos a idade de once anos nun ambiente de represión e no que se prohibía o uso da nosa lingua.

Alá polo ano 62-63 inicia na Universidade de Santiago os estudos de Filosofía e Letras especializandose en Filoloxía Románica.

Resultado de imagen de carlos casares

Durante este anos de estudos entra en contacto co movemento galeguista e antifranquista estudiantil e coñece a algúns dos intelectuais que marcarían a súa vida como Ramón Piñeiro o seu guía intelectual e Arcadio López-Casanova.

O rematar o seus estudos exerce como docente nalgúns centros tendo problemas coa directiva dos mesmos pola súa aberta oposición o réxime franquista además de ser un grande impulsor de iniciativas culturais.

Pero si algo temos que destacar de Casares é que foi un dos firmantes do manifesto “Realidade Galega” para lograr o ansiado Estatuto de Galicia, isto fai que se poña en primera fila da política o que fai que se presente polo PSG-PSOE  converténdose en deputado do Primeiro  Parlamento de Galicia.

Entre os seus logros como político os galegos debemoslle a aprobación da lei de Normalización Linguística e a creacióResultado de imagen de carlos casaresn do Consello da Cultura Galega.

Quizás a faceta máis coñecida ou para mín e así é o de Director da Editorial Galaxia e do Santo Grial e incluso como Presidente do Consello da Cultura Galega.

Na sua producción narrativa cabe destacar “Vento Ferido” que tuvo grande repercusión no ambiente estudiantil, “Xoguetes para un tempo perdido” cunha connotación marcadamente biográfica ademais de oturas obras como “Os escuros soños de Clío ” etc

Pero Casares foi un dos primeros autores en escribir literatura infantil para nenos en galego quen non coñece “A galiña azul” e o “Principiño” de Antoine de Saint-Exupéry como un afán de revindicar e achegar a nosa lingua os máis xoves e nenos.

Casares era un recoñecido columnista de xornais como O País, a Región e La Voz de  Galicia sendo unha forma de achegamento os seús lectores.

Con isto pretendo facer unha pequena achega dos aspectos que me parecen máis destacables do autor baixo a miña prisma. Se tedes interés hai biografías completisimas como a que Henrique Monteagudo fixo para a Real Academia Galega.

¿Qué significa para mín Carlos Casares na lingua?

Tras leer moitas opinións para mín a figura de Carlos Casares reflecte ampliamente o achegar a nosa cultura e a nosa fala como idioma diferenciador do noso pobo e sobre todo o inculcar este sentir a xente máis nova pero fomentando a cordialidade ó redor deste.

Resultado de imagen de carlos casares

Quero rematar co meu poema favorito do autor e con unha das miñas cancións favoritas revindicando ó sentir dos galegos e a idiosincrasía do meu pobo.

Amemos
o tempo que turra de nós e que nos leva.
Inda que o ceo está azul e non hai nubes e non chove,
sempre é cedo
pra o froito que agardamos e non chega.

Amemos á rosa porque é breve
e ao tempo porque fuxe e non se para,
inda que á veira das horas, nas esquiñas,
morran as verdades contra o vento
i a noite seña un recendo podrecido
das frores que chantamos pra salvarnos.

Amemos
as bocas que mancan ao bicalas,
aos pianos que medran e non tocan
e ás tardes fermosas que se acaban.

Amemos
inda que a espranza turre cara abaixo
a vencellarnos sempre contra nuncas
de campos sen aire e corazóns parados.

Carlos Casares

¡Bo  día a tódolos galegos e galegas!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s