17 de maio Día das Letras Galegas.

Hoxe os galegos celebramos unha data sinalada , unha data na que recordamos as verbas de aquelas que un día defenderon a nosa lingua , de aqueles que nos transmiten o amor pola súa terra e sobre todo daquelas que gostamos ser desta terra senlleira , verde , chea de ríos e mares , chea de xente de aquí e de acolá e sobre todo xente orgullosa do seu idioma que é a que define a idiosincrasia deste pobo.

Hoxe alá no 1863 a nosa escritora máis ilustre Rosalia de Castro vía como o seu libro Cantares Gallegos iba ser publicado na súa primeira edición na cidade de Vigo . A Real Academia Galega fixóse eco desta data sinalada e proclamou no ano 1963 o día das Letras Galegas onde se homenaxea a aqueles cuia creación literaria está vencellada o noso idioma por suposto defenden ou defenderon a nosa lingua .

 Este ano adícase a Antón Fraguas historiador e antropólogo nace no municipio pontevedrés de Cotobade aló polo 1905 e faleceu no ano 1999 en Santiago de Compostela. Del hai que destacar que foi un grande defensor da lingua e a cultura galegas, así como un grande profesor exercendo a súa labor como docente en instituos como o da Estrada, en Lugo e en Santiago ata a súa xubilación no ano 1975.

Un dos máximos representantes no ámbito intelectual e galeguista convencido a súa figura é vital dentro do siglo XX. Discípulo de Castelao e Losada Diéguez -de quen foi estudante de secundaria en Pontevedra- pasou a súa carreira universitaria en Santiago de Compostela onde en 1928 se licenció en Filosofía e Literatura. Máis tarde recibiu o doutoramento na Universidade de Madrid cunha tese sobre a escola Fonseca.

Foi na capital de Galicia onde pasou a formar parte activa da intelectualidade galega da época, xa que se uniu ás Irmandades da Fala e comezou a colaborar nas seccións de Xeografía e Etnografía e Folclore do Seminario de Estudos Galegos. Dentro do seminario iniciouse o estudo da xeografía histórica de Galicia (con especial atención ás zonas de Rías Baixas e Cercedo-Cotobade, onde naceu) e os costumes ao redor do Entroido. Tamén participou activamente na transformación deste corpo no actual Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, onde foi bibliotecario, secretario e director da sección de Etnografía e Folclore.

En maio de 1951 ingresou na Real Academia Galega, na cadeira que deixara o seu profesor Alfonso Rodríguez Castelao; e en 1963 foi nomeado director do actual Museo do Pobo Galego. Tamén tiña responsabilidades no Consello da Cultura Galega (onde coordinaba a sección de Antropoloxía), era membro titular da Real Academia Galega de Ciencias e da Real Academia de Historia; e traballou como Cronista Oficial de Galicia (desde 1992), entre outros.

Resultado de imagen de anton fraguas

Na súa acreditación hai recoñecementos como o Premio Trasalba en 1985, o premio Otero Pedrayo en 1992, a Medalla Castelao eo Premio Artes e Letras en Galicia. Entre as súas obras hai ensaios en galego en Murguía, literatura oral en Galicia, en Entroido ou en festas populares. Tamén publicou en español obras sobre a xeografía de Galicia ou o traxe galego, entre outros. Entre as súas obras podemos mencionar as seguintes.

  • Geografía de Galicia (1953)
  • Galicia insólita (1973)
  • Lugo (1974)
  • Murguía, o patriarca (1979)
  • Literatura oral en Galicia (1980)
  • El traje gallego (1985)
  • Aportacións ó cancioneiro de Cotobade (1985)
  • Aquilino Iglesia Alvariño: vida e obra (1986)
  • Romarías e santuarios (1988)
  • Celso Emilio Ferreiro (1989)
  • La Puerta Santa (1993) Do Entroido (1994)
  • As cousas de Antonio de Insuela (1996)
  • A festa popular en Galicia (1996)

Como puxen esta mañá no Linkedin o día das Letras Galegas non é so un día a cultura e o idioma galegos necesitan a colaboración de todos para seguir crecendo e mantendose como unha idiosincrasía do noso pobo. Non olvidemos que ó sentir desta terra só o entendemos quenes vivimos e sentimos nela.

Resultado de imagen de anton fraguas

A nosa lingua forma parte da nosa cultura así que nona deixemos morrer.

Quero rematar a miña pequena homenaxe con unha das miñas cancións favoritas en galego dún dos tantos grupos que escoito na miña lingua nai.

¡Bo día das Letras galegas a tódolos galegos e galegas!

 

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.